Pallacanestro Biella | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 1994 |
Cores | Azul, vermello, branco |
Presidente | Antonio Trada |
Adestrador | Iacopo Squarcina |
Patrocinador | Edilnol |
Vestimenta | Joma |
Localización | |
Cidade | Biella (Italia) |
Pavillón | Biella Forum |
Capacidade | 5 007 |
Inauguración | Febreiro de 2009 |
pallacanestrobiella.it |
O Pallacanestro Biella é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Biella, na rexión de Piemonte. Fundado en 1994, actualmente xoga na Serie A2, a segunda máxima competición do baloncesto italiano. Recibe o nome de Edilnol por mor do seu patrocinador, unha compañía de elementos para o lar o xardín con sede na propia cidade de Biella. Xogan os seus encontro coma local no Biella Forum, un pavillón inaugurado en febreiro de 2008 con capacidade para 5 007 espectadores.